Anand mantén o liderato, mantendo a distancia sobre Gelfand, o cal non puido pasar do empate na rolda de luns.Importante foi o encontro entre Anand e Kramnik, onde o segundo xogábase unha importante baza para recortar distancias co primeiro. O ruso buscou a victoria dende o comezo, pero Anand soubo defenderse arrincando finalmente táboas despois de 44 xogadas dun antigambito merano.
Gelfand tamén tiña unha boa oportunidade de recortar distancias sobre Anand, a sabendas de que tiña un encontro duro. Pero Leko mantívose firme conseguindo o empate final.
Grischuk foi o único vencedor do día sobre Aronian cunha vantaxe clara dun bispo e dun peón a punto de coroar.
Na última partida do día, Svilder e Morozevich firmaron táboas despois de 44 xogadas dunha Karo Cann.
Hoxe Martes xogaráse a 11ºrolda cos encontros: Anand-Morozevich, Gelfand-Svidler, Grischuk-Kramnik e Leko-Aronian.
Coma sempre máis información en chessbase e na páxina oficial.
Sem comentários:
Enviar um comentário