29/09/07

13º Rolda México 2007

Manténse todo como estaba debido as táboas nas que acabaron os encontros, agás Leko que recorta puntos coa cabeza aínda que lle é insuficiente debido a quedar so unha rolda.

Anand firmou táboas con Grischuk despois de 61 movementos dun gambito de dama rehusado, onde Grischuk chegou a sacar vantaxe material. Con este empate o hindú está máis preto de gañar o título, chegándolle con facer unhas táboas o sabado.

Gelfand buscou a victoria fronte un Kramnik que necesitaba puntuar para ter aínda aspiracións, acabando o lance en táboas. Gelfand necesita gañar a última rolda e que Anand pinche para empatarlle, e poder xogar as partidas de desempate.

Leko impúxose sobre Morozevich nunha partida na que tivo a iniciativa todo o tempo.

Aronian e Svilder firmaron táboas despois de 46 xogadas dunha inglesa sistema 4 cabalos.

Este sábado xógase a última rolda, a 14º, coas partidas: Anand-Leko, Morozevich-Gelfand, Kramnik-Aronian e Svidler-Grischuk.

Máis información na páxina oficial e en chessbase.


Sem comentários: