20/09/07

6º Rolda México 2007

Pouco lle durou o liderato a Anand, xa que Gelfand empátalle na primeira posición tras ser o único gañador da rolda.

O israeli impúxose ó ruso Morozevich nunha partida difícil que o propio Gelfand resumíaa da seguinte maneira: "Foi un xogo bastante complicado, el tivo que sacrificar o cambio moi ó estilo de Petrosian, evitei a coronación en B e iso deixoume en boa posición, ó mesmo tempo o meu peón de H sempre exerceu presión para avanzar".

Anand non puido pasar do empate contra Leko nunha partida moi igualada, e vía como o liderato en solitario se lle escapaba.

Outro empate rápido foi o de Kramnik contra Aronian cunha apertura catalana. Kramnik que segue a medio punto da cabeza afirmou que non está presionado pola clasificación xa que aínda queda moito torneo por xogarse.

Na última partida da rolda, Grischuk e Svilder repartiron o punto tras 41 xogadas dun antigambito merano.

Hoxe xógase a 7ºrolda, a última da primeira volta cos encontros: Anand-Grischuk, Kramnik-Gelfand, Morozevich-Leko e Svidler-Aronian.

Máis información na páxina oficial e en chessbase.

Clasificación actual




Sem comentários: