22/09/07

8º Rolda México 2007

Co comezo da segunda volta, Anand mantén o liderato despois de empatar co seu máis directo perseguidor, Gelfand. A lasificación mantense igual polas táboas, agás Leko que se impuso sobre Grischuk e recorta distancias cos postos de cabeza.

Anand e Gelfand acordaron táboas nunha partida con apertura catlana moi igualda, onde nunca houbo unha vantaxe clara para ningún bando. Anand introduciu unha novidade na xogada 10 pero de pouco lle serviu para desestabilizar ó israelí.

Kramnik, que pretendia recortar puntos polo duelo entre os dous primeiros, atopouse cun Svilder que noncesou no seu empeño de ataque ó monarca contrario. Ó final, a partida rematou en táboas, e cun Kramnik que aseguraba "é a primeira vez no que vai do torneo que me sentín inquiedo e con certo medo. Peter xogou moi ben".

Na terceira partida do día, Aronian e Morozevich fixeron táboas despois de 66 xogadas dunha defensa india de dama.

Leko foi o único vencedor da rolda, cunha apertura hespañola cerrada sobre Grischuk, que depois de perder a oportunidade de coroar o seu peón de d abandonou a partida.

Hoxe sábado toca día de descanso, pero o domingo xogarase a 9ºrolda cos encontros: Anand-Aronian, Grischuk-Gelfand, Morozevich-Kramnik e Leko-Svidler.

Máis información e as partidas na páxina oficial e en chessbase.


Nota: para ver ben a clasificación, pinchade nela.

Sem comentários: