18/09/07

Fomentan o xadrez chinés a través de internet

Unha empresa con sede en Londres e Hong Kong iniciou unha campaña de promoción internacional do xiangqi, o xadrez chinés, que practican 500 millóns de cidadáns dese país e das comunidades chinesas de todo o mundo. 12.09.2007, 15:35

O xiangqi ten as súas raíces na historia militar do Imperio do Medio e é recoñecido como deporte polo Consello Olímpico de Asia, que o incluíu no programa dos Xogos Asiáticos a Porta Pechada, que se celebrarán en Macao en outubro.

Tres dos practicantes máis destacados dese xogo viaxarán a Londres a próxima semana para participar, o 18 de setembro, no lanzamento da competición "2007 Xiangqi Masters", que organiza a compañía "World Mind Masters Limited".

Trátase do campión mundial dese deporte e medalla de ouro do 2005, "Xu Yinchuan", o campión do ano seguinte, "Wang Yang", e a gran mestra chinesa, "Zhang Guofeng", que farán varias exhibicións durante cinco días.

World Mind Master Ltd organizou o primeiro campionato "Xiangqi Masters" en Pequín no 2005.

Unha sofisticada plataforma desenvolvida por enxeñeiros en software californianos e chineses permite acceder ao torneo por internet a xogadores de todo o mundo.

No 2006, os trinta e dous mellores xogadores do torneo por internet viaxaron a Pequín para competir alí directamente na final cos doce practicantes máis destacados dese deporte en China.

Ó final correspondente ao 2007 terá lugar de novo en Pequín a partir de finais de novembro, e a cerimonia de entrega de medalla celebrarase no chamado Gran Salón do Pobo o 12 de decembro.

Quen desexen competir por algunha das trinta e dúas prazas da final poden rexistrarse, segundo os organizadores, na dirección Worldmindmasters.com.

Sem comentários: