16/01/08

Cronica da 1º Rolda

A primeira rolda da Liga deste ano deixa un sabor agridoce dentro do Club debido a diferencia de resultados polos dous equipos que o Peóns Dobrados ten en competición este ano.

O Peóns Dobrados A acabou derrotado no que é o primer encontro en Segunda División na historia do club (tres anos), por un 3-1 fronte o Chigorin Cangas. Pese ó mal resultado, José Manuel (segundo taboleiro do equipo) conseguíu arrancar un punto fronte a un recen descendido de primeira, que a priori debe ser un dos equipos fortes da competición.

En troques; o Peóns Dobrados B iniciou a súa andadura en Tercera cun contundente 4-0 ó Marín C que o coloca no liderato en solitario (a un punto do Fontecarmoa-Restaurante A Pedra). Este bo inicio debe darnos forzas para o resto da Liga, pero sen despistarnos que áinda queda moito torneo. En calquer caso, o Peóns Dobrados B ten potencia suficiente para ser un dos equipos darriba, e incluso para pelear polo ascenso.

Este sábado, os dous equipos recibirán na casa ós equipos B e D do Fischer (respectivamente), no que promete ser unha rolda moi disputada.

Sem comentários: