28/08/07

Fotologs

Outra vez estou de volta con novas da rede, xa parezo todo un experto disto do ciberespacio ... como, que vós o que queríades eran páxinas con teoría e non fotiños? Síntoo as páxinas con bo material gardomas para min so jeje ... É coña, tal vez para un seguinte post ou para pór nas ligazóns da dereita, pero tranquilos que avisaremos.

Esta vez volvo da rede con varias ligazóns a fotologs (supoño que non fai falla presentar o que son) sobre o xadrez (dende fotos de xogadores, de películas, grafitis ou frikadas), o que é interesante para os que nos gusta este xogo.

Sen máis parloteo, deixovos aquí as direccións:

-Fotolog ajedrez
-Bellezas ajedrecísticas (este é un dos meus preferidos e non creo que faga falla dicir porque. A ver se a xente non viciada ó xadrez se entera dunha vez que non somos como eses ineptos sociais, con grans, gafudos e parvos que pertencen ó club do instituto nas pelis americanas ... tampouco é que sexamos todos unhas belezas pero joer hai de todo)
-Flickr de stavlokratz
-Xeque-Mate
-Flickr ajedrecistas

Seguramente hai algúns máis por aí, así que pido disculpas de anteman por se ledes o post e vedes que falta o voso. Pero non pasa nada ,deixades a dire nos comentarios e así podemos visitalo e disfrutar todos xuntos. Sen máis que dicir despídome pero non sen aprazaros de novo ó blog para ver con que nova trallada salgo, eu ou calquera dos meus compañeiros.

CHAMAMENTO: Karlos está ben que fagas de corresponsal estranxeiro e iso pero queremos ver a túa faceta máis extravagante, e Barbul tío, estou esperando a ver o teu recuncho con verdadeira ansiedade, escribe algo por dios porfa ... jeje, veña eu os reto a ver quen fai o post máis raro e tolo pero sen pasarse que os pobres lectores non teñen a culpa das nosas neuras ... e para o resto dos do club o mesmo e a ver se comenta alguén algo que parezo o único becho vivinte deste blog jejeje.

Bueno creo que me pasei co chamamento non? jeje veña a disfrutar todos do que queda de verán e a pasalo ben!!!

Sem comentários: