23/08/07

GM con blog?

Coa chegada vai un tempo dos blogs, moitos famosos como cantantes e actores se sumaron á moda para conectar máis co seu público. Seguro que co último mundial de fútbol e baloncesto ata lembraredes que se anunciaban blogs de xogadores famosos para ver que opinaban da competición; polo que hoxe en día xa non é tan raro nin sorprenderá a ninguén que calquera figura mediática teña un blog. E creo que é cousa sabida que moitas figuras como Peter Leko ou Alexandra Kosteniuk teñen páxinas web propias (tendes unha boa lista de ligazóns aquí), pero a pregunta é:


As grandes figuras do xadrez internacional teñen blogs?


Si, parece que a febre dos blogs chegou tamén ó mundo dos GM!!! Polo de agora despois de realizar unha búsqueda pola rede, atopei o de Susan Polgar, irmá de Judit, e de Magnus Carlsen; onde falan sobre o xogo, a súa vida e actividades (en maior ou menor medida). Unha cousa que hai que agradecer, é que os blogs están en inglés, sei que moitos non controlamos esta lingua (eu o que menos) pero tendo en conta que son ela húngara e el noruegués pois podía ser peor.

Polo de agora parece que non haxa moito blog de GM pola rede (non me creo que non haxa ningún máis ca estes así que os fago un pequeno reto haber se atopades outro), e tampouco é que as figuras do xadrez sexan como outros famosos que teñen que estar en contacto cos seus fans, pero iso non quere dicir que nun futuro non sexa xa normal que os GM teñan blog ... Tamén dicían que os ordenadores ían mata-lo xadrez, e ó contrario serviron para propagalo e melloralo máis.

Sem comentários: