01/02/09

Temporada 2008-2009. Crónica da segunda rolda

O Sábado 17 o Peóns Dobrados Xadrez Club comezou a súa andaina na Liga Galega de Xadrez, xogando o seu Primeiro encontro co Fontecarmoa A Pedra no que se acabou cun 3-1 a favor do PDXC.

Breixo de Santiago Pita non puido pasar do empate nunha partida moi igualada, que acabou co reparto do punto.

Jose Luis García Bugallo Conseguiu impoñerse grazas ao seu grande talento táctico, nunha brillante serie de combinacións.

Jose Manuel Gracia Eirín gañou o seu punto tras un brillante sacrificio posicional de peón.

Santiago Salvador Vieitez, con tesón e paciencia foi acadando unha posición que só o infortunio malogrou no derradeiro momento, tendo que conformarse con 0,5 puntos.

Para rematar, observar que os rivais tamém xogaron, aínda que non son participes desta crónica subxectiva
[Firmado a Forma Presidencial]

Sem comentários: