01/02/09

Temporada 2008-2009. Crónica da Terceira rolda

A terceira rolda,(para nós a segunda), comenzou coma todas esperando que os rivais non dean a badalada. Os catro encontros foron desiguais en forma e tempo.

O encontro foi disputado en Moaña contra o Fischer "D".

Por unha banda, os dous primeiros taboleiros (Jose Luis Garcia Bugallo e Jose Manuel Garcia Eirín) tiveron partidas máis traballadas posicional e tacticamente, aínda que ao final decantouse ámbalas dúas a prol do equipo visitante.

Pola contra, a do terceiro taboleiro foi unha partida bastante máis curta; xa que nun desafortunado día Santiago Salvador Vietez, nunca chegou a entrar na partida e conseguiu o único punto que gañou o equipo Local.

No cuarto taboleiro invertiuse a situación sobre o anterior taboleiro, xa que nun erro de apertura Carlos Otero Diz, consegiu unha vantaxe que rematou sendo decisiva para o desenlace do encontro.

Para rematar, observar que os rivais tamén xogaron, aínda que non son participes desta crónica subxectiva
[Firmado a Forma Presidencial]

1 comentário:

Eldradnajdorf disse...

¿No es hora de actualizar?