Mostrar mensagens com a etiqueta Actualidade Internacional. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Actualidade Internacional. Mostrar todas as mensagens

18/01/08

Morre Bobby Fischer

A noticia do día, é a morte do excampión do mundo Bobby Fischer, en Reykjavik onde residía. Aínda non hai moita información ó respecto, que seguramente irá chegando co tempo.

Fischer que foi campión do mundo entre 1972 e 1975, afamado polo seu brillante xogo e vilipendiado nos ultimos anos polos seus problemas con Estados Unidos e por algunhas conversacións incendiarias; foi unha figura que non deixou a ninguén indiferente.

A súa morte é unha gran perda para este deporte, que perde a unha das persoas que conseguíu máis recoñecemento para o xadrez.

04/11/07

Liga de Campións

Dende o 1 de novembro ata o 15, terá lugar en Vitoria a primeira Liga de Campións xadrecística. Todo un acontecemento de por si, por ser o xerme dun posible novo campionato de máis alto nivel; ou polo nivel dos seis participantes, todos excampións do mundo: Karpov, Polgar, Topalov, Kasimdzhanov, Ponomariov e Khalifman(quen a última hora foi sustituido polo Campión de Europa 2005 Nisipeanu, por ter que ser operado de urxencia).

Pero, polo que realmente destaca é por tratase dun torneo benéfico para recaudar fondos para axudar a dotar a un hospital en Congo. Con este fin a organización ten preparado, a parte do torneo, un programa impresionante para esta quincena con concertos de orquestra, partidas de xadrez vivinte, subasta benéfica de obxectos persoais de deportistas (tanto dos xadrecistas do torneo como doutros), e ata un desfile de Ágata Ruiz de la Prada.

En canto ó torneo, será unha liga a dobre volta cun ritmo de xogo de 120 minutos cun incremento de 30 segundos por xogada; que promete un torneo apasionante.

Pero como parece que tanto o festival como o torneo vai ser ó grande, a organización tamén ten preparado unha zona de xogo novidosa. Os xogadores estarán dentro dun cubo transparente insonorizado, para que poidan concentrarse mentres fóra Leontxo García irá comentando as partidas para os espectadores.

22/10/07

Mundial de Xadrez á ciega

Dende o 16 ó 20 de outubro xogouse en Bilbao o Campionato do Mundo da modalidade de xadrez a cega; interesante modalidade que esixe unha gran capacidade de concentración, xa que os xogadores non ven as pezas e deben reter mentalmente o desenvolvemento da partida.

Veselin Topalov, Judith Polgar, Magnus Carlsen, Sergey Karjakin, Pentala Harikrishna e Bu Xiangzhi enfrontarónse nunha liga a dúas voltas cun ritmo de 25 minutos.

Tras catro duros días, onde se xogaron 10 roldas, finalmente o chinés Bu Xiangzhi demostrou ser o mellor preparado do torneo para este tipo de competición, sendo xa virtualmente gañador a falta dun día de remata-lo torneo.

Coma sempre, tendes na páxina de chessbase máis información e as partidas, as cales os recomendo.

Como nota final, hai que explicar que neste torneo utilizouse un sistema de puntuación novo, que pretende primar máis as vitorias (3 puntos por partida gañada, 1 por táboas e 0 por perder) que xa me diredes que opinades del



Clasifiación final (tras 10 rondas)


Ganadas

Tablas

Perdidas

PUNTOS

1. Xiangzhi Bu

6

3

1

21

2. Serguéi Kariakin

5

2

3

17

3. Magnus Carlsen

4

4

2

16

4. Judit Polgar

3

3

4

12

5. Vesélin Topálov

2

3

5

9

6. Pentala Harikrishna

1

3

6

6



13/10/07

Murcia acolle este fin de semana o "I Festival Internacional de Ajedrez"

O obxectivo deste evento, patrocinado pola "Concejalía de Deportes del Ayuntamiento de Murcia", é difundir a práctica do xadrez entre os máis novos.
[Faro de Murcia]

As Administracións galegaas deberían copiar este tipo de encontros, xa que aumentan a capacidade dos novos sobre o cálculo matemático e a capacidade de resolución de problemas. Un exemplo do bó facer, foi o torneo finalizado recentemente do centro comercial de A Barca en Poio (Pontevedra)

01/10/07

México vólcase con Anand

As veces pode parecernos que somos algo así como parías por practicar este deporte en vez do fútbol, baloncesto,... Por emocionarnos cun taboleiro de 64 escaques cunhas peciñas, afición que so comparten os colegas de club e algun "nerd" (dito con cariño) máis.

Pero é en situacións como estas cando realmente comprendes que hai moitos máis coma ti por aí. Non son coñecedor da situación do xadrez en México, son un autentico analfabeto dese tema. Pero si sei que para calquera deporte minoritario non é normal isto

Xente que un domingo as 22:00 fai colas para ver ós seus ídolos (bueno igual neste Torneo do Mundo falta a figura de alguén carismatico como eran Karpov, Kasparov ou outros ... non sei ó mellor non, pero seguen sendo calquera dos que xogou uns deuseciños para xente co noso nivel de xogo), para conseguir os seus autógrafos, fotografiarse onda eles e incluso vitorearlles ... non sei a min paréceme máis de deporte grande.

Que si!, que vale, pode ser a moda do momento porque o torneo xogábase aló (non olvidemos que cando Fischer gañou o mundial en EE. UU. vivíuse unha febre do xadrez que acabou ó pouco tempo); pero tamén é certo que outros deportes pequenos nin así lles fan caso (o equipo hespañol de voleibol gañou o Campionato de Europa e non foi a recibilos nin as autoridades, iso si todo o mundo pegados a tele vendo o baloncesto).

Sexa como sexa, Anand non se poide queixar do trato recibido en México

Iso si, o que máis me gustou foi o do restaurante onde o celebrou


sempre queda ben a foto de alguén famoso co dono e os cociñeiros colgada na parede.

As fotos son de Frederic Friedel para unha reportaxe para chessbase

30/09/07

Unha editorial rusa négase a editar un libro de Gary Kaspárov

Kasparov denunciou nunha emisora de radio de Moscova que a editorial coa que tiña contrato incumpriu tódolos acordos para a publicación de O Xadrez como modelo da vida, que debería ter saido da imprenta para a inaguración da XX Feira Internacional do Libro de Moscova, que terá lugar o 1 de outubro.
[AS]

14º Rolda México 2007

Anand consigue ás táboas fronte a Leko e coroase como novo Campión do Mundo!

Anand conseguiu o medio punto mínimo que necesitaba para gaña-lo torneo, fronte un Leko que aguantou a embestida do hindú. O empate firmouse despis de 20 xogadas dunha hespañola contraataque Marshall.

Gelfand non puido pasar do empate con Morozevich, mentres que Kramnik conseguiu mellorar a súa clasificación gracias ó triunfo sobre Aronian. O mesmo lle aconteceu a Svilder que mellorou o seu posto gracias ó triunfo sobre Grischuk.

A Clasificación final queda:


Dende aquí so nos queda felicitar ó campión, e a tódolos que xogaron o torneo polos bos ratos que nos fixeron pasar e por servir de embaixadores deste deporte.

Máis información na páxina oficial e en chessbase.

29/09/07

13º Rolda México 2007

Manténse todo como estaba debido as táboas nas que acabaron os encontros, agás Leko que recorta puntos coa cabeza aínda que lle é insuficiente debido a quedar so unha rolda.

Anand firmou táboas con Grischuk despois de 61 movementos dun gambito de dama rehusado, onde Grischuk chegou a sacar vantaxe material. Con este empate o hindú está máis preto de gañar o título, chegándolle con facer unhas táboas o sabado.

Gelfand buscou a victoria fronte un Kramnik que necesitaba puntuar para ter aínda aspiracións, acabando o lance en táboas. Gelfand necesita gañar a última rolda e que Anand pinche para empatarlle, e poder xogar as partidas de desempate.

Leko impúxose sobre Morozevich nunha partida na que tivo a iniciativa todo o tempo.

Aronian e Svilder firmaron táboas despois de 46 xogadas dunha inglesa sistema 4 cabalos.

Este sábado xógase a última rolda, a 14º, coas partidas: Anand-Leko, Morozevich-Gelfand, Kramnik-Aronian e Svidler-Grischuk.

Máis información na páxina oficial e en chessbase.


28/09/07

12º Rolda México 2007

Cando parecía que Anand collía distancia na recta final do campionato, Gelfand recórtalle medio punto co seu triunfo desta rolda e co empate do hindú.

Anand non pasou do empate con Svilder, mentres que Gelfand e Kramnik si gañaron os seus encontros. Svilder, con pezas negras, puido neutralizar con relativa facilidade ó lider, conseguindo manter unha posición tranquila.

Morozevich, pola súa banda, impúxose a un desorientado Grischuk, cun orixinal experimento nunha apertura inglesa.

Kramnik realizou unha partida impresionante fronte un Leko que quizais perdeu posibilidades intentando manter a vantaxe de material.

Por último, Gelfand aproveitouse dun Aronian que foi a por todas, arriesgando a súa posición.

O venres xógase a 13ºrolda, penúltima, cos encontros: Aronian-Svilder, Gelfand-Kramnik, Leko-Morozeich e Grischuk-Anand

Máis información na páxina oficial e en chessbase.



26/09/07

11º Rolda México 2007

Consolidación de Anand no primeiro posto, que vai intratable neste torneo. Co triunfo sobre Morozevich e o empate de Gelfand, xa está a 1'5 puntos de este.

Anand da un paso importante cara a o título, despois de gañarlle a Morozevich nunha partida que durou sobre as 6 horas e na que se fixeron 61 movementos.

Gelfand pola súa parte, non puido volver a pasar do empate, esta vez fronte a Svilder.

As outras partidas da rolda tamén chegaron a táboas, Leko fronte a Aronian, e Grischuk con Kramnik.

Anand podería proclamarse campión este xoves na antepenúltima rolda, metres que Kramnik xa o ten moi difícil para revalida-lo título.

Este mércores toca día de descanso, polo que 12ºrolda se xogará o xoves cos encontros: Svidler-Anand, Morozevich -Grischuk, Leko-Kramnik e Aronian-Gelfand.

Máis información coma sempre na páxina oficial e en chessbase.


25/09/07

10º Rolda México 2007

Anand mantén o liderato, mantendo a distancia sobre Gelfand, o cal non puido pasar do empate na rolda de luns.

Importante foi o encontro entre Anand e Kramnik, onde o segundo xogábase unha importante baza para recortar distancias co primeiro. O ruso buscou a victoria dende o comezo, pero Anand soubo defenderse arrincando finalmente táboas despois de 44 xogadas dun antigambito merano.

Gelfand tamén tiña unha boa oportunidade de recortar distancias sobre Anand, a sabendas de que tiña un encontro duro. Pero Leko mantívose firme conseguindo o empate final.

Grischuk foi o único vencedor do día sobre Aronian cunha vantaxe clara dun bispo e dun peón a punto de coroar.

Na última partida do día, Svilder e Morozevich firmaron táboas despois de 44 xogadas dunha Karo Cann.

Hoxe Martes xogaráse a 11ºrolda cos encontros: Anand-Morozevich, Gelfand-Svidler, Grischuk-Kramnik e Leko-Aronian.

Coma sempre máis información en chessbase e na páxina oficial.


24/09/07

9º Rolda México 2007

Morosevich e Grischuk deron a campanada do campionato. Morozevich gañou ó vixente campión, Kramnik; quen perde así gran parte das opcións que lle quedaban para gañar o torneo, agás que as cousas muden de aquí ó 30. Grischuk pola súa parte ipúxose sobre Gelfand, o que lle da máis espazo a Anand que continúa líder.

Nas outras partidas Anand empatou con Aronian despois de 21 movementos. A igual resultado chegou a partida entre Leko e Svilder despois de 29 movementos.

Anand lidera a clasificación con 6 puntos, sendo o gran beneficiario da rolda; mentres o segue con 5 putos Gelfand, e con 4'5 Kramnik, Grischuk e Leko.

Maña xogaránse as seguintes partidas correspondentes á 10 rolda: Svidler-Morozevich, Kramnik-Anand, Aronian-Grischuk e Gelfand -Leko.

As partidas e máis información na páxina oficial e en Chessbase.

22/09/07

8º Rolda México 2007

Co comezo da segunda volta, Anand mantén o liderato despois de empatar co seu máis directo perseguidor, Gelfand. A lasificación mantense igual polas táboas, agás Leko que se impuso sobre Grischuk e recorta distancias cos postos de cabeza.

Anand e Gelfand acordaron táboas nunha partida con apertura catlana moi igualda, onde nunca houbo unha vantaxe clara para ningún bando. Anand introduciu unha novidade na xogada 10 pero de pouco lle serviu para desestabilizar ó israelí.

Kramnik, que pretendia recortar puntos polo duelo entre os dous primeiros, atopouse cun Svilder que noncesou no seu empeño de ataque ó monarca contrario. Ó final, a partida rematou en táboas, e cun Kramnik que aseguraba "é a primeira vez no que vai do torneo que me sentín inquiedo e con certo medo. Peter xogou moi ben".

Na terceira partida do día, Aronian e Morozevich fixeron táboas despois de 66 xogadas dunha defensa india de dama.

Leko foi o único vencedor da rolda, cunha apertura hespañola cerrada sobre Grischuk, que depois de perder a oportunidade de coroar o seu peón de d abandonou a partida.

Hoxe sábado toca día de descanso, pero o domingo xogarase a 9ºrolda cos encontros: Anand-Aronian, Grischuk-Gelfand, Morozevich-Kramnik e Leko-Svidler.

Máis información e as partidas na páxina oficial e en chessbase.


Nota: para ver ben a clasificación, pinchade nela.

7º Rolda México 2007

Acaba a primeira volta do torneo cun Anand como único triunfador e recuperando o liderato en solitario, mentres o resto de partidas non pasaron das táboas.

Anand conseguiu gañar a un Grischuk que pasou apuros con pezas negras, e que non puido evitar o acoso nin simplificando a posición.

Gelfand, o segundo na clasificación, empatou cun Kramnik, vixente campión, moi correcto; quedando os dous consolidados na segunda e terceira praza a medio punto e un punto de Anand. Kramnik segue invicto e perseguindo a Anand pese ós seus tropezos, e nesta segunda volta terá que apretar máis se quere ter opcións.

A partida Morozevich-Leko tamén chegou a táboas despois de 60 movementos, mantendo ós dous xogadores lonxe da loita polo título.

Por outra banda, a partida entre Aronian e Svilder tamén acabou en táboas despois de 20 movementos. O torneo pinta mal para os dous que están relegados ás últimas posicións.

Este venres empeza a segunda volta coas partidas: Svidler-Kramnik, Aronian-Morozevich, Gelfand-Anand, Leko- Grischuk.

Máis información e as partidas na páxina oficial e en chessbase.

Clasificación actual

20/09/07

6º Rolda México 2007

Pouco lle durou o liderato a Anand, xa que Gelfand empátalle na primeira posición tras ser o único gañador da rolda.

O israeli impúxose ó ruso Morozevich nunha partida difícil que o propio Gelfand resumíaa da seguinte maneira: "Foi un xogo bastante complicado, el tivo que sacrificar o cambio moi ó estilo de Petrosian, evitei a coronación en B e iso deixoume en boa posición, ó mesmo tempo o meu peón de H sempre exerceu presión para avanzar".

Anand non puido pasar do empate contra Leko nunha partida moi igualada, e vía como o liderato en solitario se lle escapaba.

Outro empate rápido foi o de Kramnik contra Aronian cunha apertura catalana. Kramnik que segue a medio punto da cabeza afirmou que non está presionado pola clasificación xa que aínda queda moito torneo por xogarse.

Na última partida da rolda, Grischuk e Svilder repartiron o punto tras 41 xogadas dun antigambito merano.

Hoxe xógase a 7ºrolda, a última da primeira volta cos encontros: Anand-Grischuk, Kramnik-Gelfand, Morozevich-Leko e Svidler-Aronian.

Máis información na páxina oficial e en chessbase.

Clasificación actual




19/09/07

5º Rolda México 2007

Anand colócase líder en solitario despois de finalizar a rolda con máis victorias deste mundial, 3 de 4. Anand sepárase de Kramnik despois das táboas deste con Leko, e este empata con Grischuk e Gelfand na segunda posición.

A partida entre Anand e Svilder rematou co triunfo do indio, que conseguiu imporse no taboleiro con unha hespañola variante Marshall.

Igual desenrolo tiveron as partidas Grischuk-Morozevich e Gelfand-Aronian, as dúas con triunfo das brancas que lles permite a sendos xogadores recortar posicións.

As únicas táboas que se rexistraron nesta rolda foron na partida Leko-Kramnik onde a agresividade do primeiro atopouse cunha dura resistencia do segundo.

Hoxe terá lugar a 6ºrolda cos encontros:Leko-Anand, Aronian-Kramnik, Grischuk-Svidler e Geldand-Morozevich.

Como sempre as partidas tédelas analizadas na páxina de chessbase, e os encontros podédeos seguir en directo dende diversos portais e na páxina oficial do campionato.

18/09/07

Fomentan o xadrez chinés a través de internet

Unha empresa con sede en Londres e Hong Kong iniciou unha campaña de promoción internacional do xiangqi, o xadrez chinés, que practican 500 millóns de cidadáns dese país e das comunidades chinesas de todo o mundo. 12.09.2007, 15:35

O xiangqi ten as súas raíces na historia militar do Imperio do Medio e é recoñecido como deporte polo Consello Olímpico de Asia, que o incluíu no programa dos Xogos Asiáticos a Porta Pechada, que se celebrarán en Macao en outubro.

Tres dos practicantes máis destacados dese xogo viaxarán a Londres a próxima semana para participar, o 18 de setembro, no lanzamento da competición "2007 Xiangqi Masters", que organiza a compañía "World Mind Masters Limited".

Trátase do campión mundial dese deporte e medalla de ouro do 2005, "Xu Yinchuan", o campión do ano seguinte, "Wang Yang", e a gran mestra chinesa, "Zhang Guofeng", que farán varias exhibicións durante cinco días.

World Mind Master Ltd organizou o primeiro campionato "Xiangqi Masters" en Pequín no 2005.

Unha sofisticada plataforma desenvolvida por enxeñeiros en software californianos e chineses permite acceder ao torneo por internet a xogadores de todo o mundo.

No 2006, os trinta e dous mellores xogadores do torneo por internet viaxaron a Pequín para competir alí directamente na final cos doce practicantes máis destacados dese deporte en China.

Ó final correspondente ao 2007 terá lugar de novo en Pequín a partir de finais de novembro, e a cerimonia de entrega de medalla celebrarase no chamado Gran Salón do Pobo o 12 de decembro.

Quen desexen competir por algunha das trinta e dúas prazas da final poden rexistrarse, segundo os organizadores, na dirección Worldmindmasters.com.

17/09/07

4º Rolda México 2007

Anand e Kramnik seguen empatados no liderato con 2'5 puntos con so un punto de distancia de Svilder e Leko nunha clasificación moi axustada.

Anand non conseguiu sacar nada en limpa da vantaxe obtida de un peón e posición fronte a Morozevich, deixando escapar varias continuacións gañadoras e forzando as táboas finais.

Kramnik logrou sacar vantaxe fronte a Grischuk, pero tras os apuros de tempo a posición simplificouse cara unha posición de táboas.

Svilder e Gelfand pactaron o empate despois de 24 movementos dunha defensa rusa presentada polo israelí.

Por outra banda, Aronian foi o unico gañador da rolda, tras imporse a un Leko que se deixou unha peza.

Hoxe luns será rolda de descanso, polo que o campionato parase ata maña martes, cando se enfrentarán: Anand-Svidler, Leko-Kramnik, Gelfand-Aronian e Grischuk-Morozevich.

As partidas tédelas comentadas en chessbase, volveremos o mércores coa crónica da 5º rolda.

16/09/07

3º Rolda México 2007

Anand e Kramnik lideran a clasificación, con 2 puntos, tras chegar a táboas na súa partida mentres que Morozevich acorta distancias co seu triunfo sobre Svilder.

Anand conseguiu empatar un final de torres con peón de menos, despois do intento dunha novidade defectuosa para sacar a Kramnik da teoría da defensa Petroff.

Pola súa banda Morozevich conseguiu darlle a volta a unha posición inicial desfavorable que Svilder non soubo aproveitar.


En canto a partida entre Grischuk e Aronian, o segundo intentou dar un peón pola iniciativa pero varias xogadas despois atopouse conque tiña peón de máis e o ataque de Grischuk. Finalmente Grischuk obtivo unha vantaxe decisiva que desaproveitou firmando táboas por repetición.

Na última partida da rolda, Leko e Gelfand chegaron a táboas nun final de damas despois de máis de 100 xogadas.

Mañá xógase a 4ºrolda cos enfrentamentos: Morozevich-Anand, Kramnik-Grischuk, Svilder-Genfald e Aronian-Leko.

Recórdovos que as partidas analizadas as podedes atopar na páxina de chessbase.

Seguiremos informando.

15/09/07

2º Rolda México 2007

Agora si empezan a ruxir os motores dos contendientes. Anand e Kramnik lideran a clasificación tralos seus triunfos fronte a Aronian e Morosevich respectivamente, mentres que as partidas Leko-Svilder e Grischuk- Gelfand acabaron en empate.

Anand impúxose a Aronian despois de 41 xogadas, gañando á defensa semieslava do armenio gracias a unha novidade teoríca introducida vai catro días polo danés Neilsen; pese ó bo momento que atraviesa Aronian.

Pola súa parte Kramnik venceu tras 27 xogadas dunha apertura catalana.

Por outra banda, Grischuk e Gelfand acadaron táboas tras 23 xogadas dunha partida que empezou cunha india de rei, e que despois de dúas horas e media de xogo estaba totalmente igualada.

Tras un gambito Marshall da hespañola, Leko e Svilder se repartiron o punto na ata o momento é a partida máis longa do torneo, 43 movementos. De nada lle serviu a Svilder o ataque inicial agresivo fronte a resistencia de Leko.

Maña 15 xógase a 3ºRolda coas partidas:Anand-Kramnik, Morozevich-Svidler, Leko-Gelfand y Grischuk-Aronian.

Anand definía moi ben hoxe o que era un torneo deste nivel: "É un torneo forte, non me sinto presionado polo encontro de mañá porque tódolos rivaies son duros".

Para os completistas ou curiosos tendes analizadas as partidas desta rolda e da anterior na páxina de chessbase, a cal os remitimos. Que disfrutedes delas, seguiremos informando.