Mostrar mensagens com a etiqueta Liga Galega. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Liga Galega. Mostrar todas as mensagens

01/02/09

Temporada 2008-2009. Crónica da Terceira rolda

A terceira rolda,(para nós a segunda), comenzou coma todas esperando que os rivais non dean a badalada. Os catro encontros foron desiguais en forma e tempo.

O encontro foi disputado en Moaña contra o Fischer "D".

Por unha banda, os dous primeiros taboleiros (Jose Luis Garcia Bugallo e Jose Manuel Garcia Eirín) tiveron partidas máis traballadas posicional e tacticamente, aínda que ao final decantouse ámbalas dúas a prol do equipo visitante.

Pola contra, a do terceiro taboleiro foi unha partida bastante máis curta; xa que nun desafortunado día Santiago Salvador Vietez, nunca chegou a entrar na partida e conseguiu o único punto que gañou o equipo Local.

No cuarto taboleiro invertiuse a situación sobre o anterior taboleiro, xa que nun erro de apertura Carlos Otero Diz, consegiu unha vantaxe que rematou sendo decisiva para o desenlace do encontro.

Para rematar, observar que os rivais tamén xogaron, aínda que non son participes desta crónica subxectiva
[Firmado a Forma Presidencial]

Temporada 2008-2009. Crónica da segunda rolda

O Sábado 17 o Peóns Dobrados Xadrez Club comezou a súa andaina na Liga Galega de Xadrez, xogando o seu Primeiro encontro co Fontecarmoa A Pedra no que se acabou cun 3-1 a favor do PDXC.

Breixo de Santiago Pita non puido pasar do empate nunha partida moi igualada, que acabou co reparto do punto.

Jose Luis García Bugallo Conseguiu impoñerse grazas ao seu grande talento táctico, nunha brillante serie de combinacións.

Jose Manuel Gracia Eirín gañou o seu punto tras un brillante sacrificio posicional de peón.

Santiago Salvador Vieitez, con tesón e paciencia foi acadando unha posición que só o infortunio malogrou no derradeiro momento, tendo que conformarse con 0,5 puntos.

Para rematar, observar que os rivais tamém xogaron, aínda que non son participes desta crónica subxectiva
[Firmado a Forma Presidencial]

03/08/08

clasificación da segunda división C

Ainda que xa é moi tarde, ahí está xa na nosa web a nosa merecida clasificación de descenso de segunda división.
Felicidades para o campión, a UNIVERSIDADE DE VIGO:
Clasificación Final Tempada 2007-2008

[Felicidades o Campión e Subcampión [Os que ascenden a primeira]]
1 Univ.Vigo-Xadrez Galego 41.5 pts
2 Breogán A 36 pts
[os que se quedan outro ano en segunda:]
3 Padrón B 31.5 pts
4 Chigorin Cangas 30 pts
5 Fontecarmoa-A Marina 28.5 pts
6 Albariño 25.5pts
7 Academia Copérnico 25.5 pts
8 Escola xadrez Pontevedra 25 pts
9 Fischer B 24.5pts
10 Infortui B 24.5pts
[os que nos acompañan en terceira a proxima tempada:]
11Marín B 24 pts
12 PEONS DOBRADOS XADREZ CLUB A 21
13Najdorf 16.5pts
14 Torpedo Gallaecia 10 pts

16/01/08

Cronica da 1º Rolda

A primeira rolda da Liga deste ano deixa un sabor agridoce dentro do Club debido a diferencia de resultados polos dous equipos que o Peóns Dobrados ten en competición este ano.

O Peóns Dobrados A acabou derrotado no que é o primer encontro en Segunda División na historia do club (tres anos), por un 3-1 fronte o Chigorin Cangas. Pese ó mal resultado, José Manuel (segundo taboleiro do equipo) conseguíu arrancar un punto fronte a un recen descendido de primeira, que a priori debe ser un dos equipos fortes da competición.

En troques; o Peóns Dobrados B iniciou a súa andadura en Tercera cun contundente 4-0 ó Marín C que o coloca no liderato en solitario (a un punto do Fontecarmoa-Restaurante A Pedra). Este bo inicio debe darnos forzas para o resto da Liga, pero sen despistarnos que áinda queda moito torneo. En calquer caso, o Peóns Dobrados B ten potencia suficiente para ser un dos equipos darriba, e incluso para pelear polo ascenso.

Este sábado, os dous equipos recibirán na casa ós equipos B e D do Fischer (respectivamente), no que promete ser unha rolda moi disputada.

11/01/08

Comeza a Liga Galega 2008

Este sábado día 12 de xaneiro, comeza a tempada 2008 da Liga Galega de Xadrez.

O noso club conta por primeira vez nestes tres anos, con dous equipos que loitarán nas categorías de 2ºDivisión e 3ºDivisión.

Na 2ºC o Peóns Dobrados X.C. A loitara por manterse na categoría no que sen dúbida será unha empresa dura pero non imposible. Mentres, o Peóns Dobrados X.C B non debería ter problemas para estar na parte alta da clasificación da 3ºI, aínda que haberá que ver como se adapta este equipo con xogadores que xogan a liga por primeira vez.


As ordes de forza dos dous equipos son:

-Peóns Dobrados A:




1ºJosé Luís García Bugallo








2ºJosé Manuel García Eirín











3ºBreixo de Santiago Pita









4ºCarlos Otero Diz






5ºJavier César de Santiago Fernández

6ºMario Diz Otero


-Peóns Dobrados B:

1ºManuel González Sánchez




2ºJorge Varela Guntiñas








3ºJosé Francisco Rosada Olivares





4ºAdrián Solla Placer




5ºSabela de Santiago Pita





6ºSantiago Salvador Vieitez Pérez


Dende aquí desexámoslle sorte e unha boa liga a tódolos xogadores do noso club, así como ó resto de equipos participantes. Durante a liga iremos informando, pero para calquera consulta do torneo está a páxina da Federación Galega de xadrez.